Unha idea, un posible proxecto.
A través da nosa dedicación e experiencia, ofrecemos unha ampla gama de servizos que van dende a redacción de informes técnicos ata o desenvolvemento sustentable e a xestión de proxectos europeos.
O noso compromiso é transformar ideas en proxectos sólidos e impactantes.
Redacción e elaboración de Informes e pregos administrativos
Saber más
Desenvolvemos pregos técnicos, memorias e criterios de valoración para contratos de servizos, obras e subministracións. Colaboramos con administracións públicas e despachos técnicos na redacción dos documentos que permitan a selección da mellor proposta.
Elaboración de memorias para subvenciones de todo tipo
Saber más
Asistencia técnica a través de bolsa de horas
Saber más
Organización e coordinación de eventos profesionais
Saber más
Organizamos e coordinamos charlas, formacións, sesións networking, congresos, seminarios…
Elaboración de protocolos en xeral
Saber más
Deseño e implementación de protocolos de temáticas diversas, tanto no sector público como no privado.
Formación en competitividade empresarial e mentorizacións sectoriais
Saber más
Realizamos formacións e mentorizacións específicas baixo demanda, adaptándonos ás necesidades dos nosos clientes.
Xestión de proxectos estratéxicos de turismo sostible
Saber más
Asesoramos en estratexia e planificación turística (Turismo Sostible).
Proxectos asociativos de carácter social
Saber más
Elaboramos e desenvolvemos proxectos empresariais, deportivos, culturais… Procuramos a optimización dos recursos e correcta execución dos mesmos.
Xestión de proxectos europeos
Saber más
Construímos e analizamos a viabilidade de proxectos que teñan cabida en algún destes programas, realizando toda a tramitación necesaria para a súa exitosa consecución.
Os nosos
servizos
Rexistro de marcas
A través do noso departamento legal asesoramos aos nosos clientes co proceso de rexistro de marcas e os servizos complementarios ao mesmo: asesoramento integral, defensa xurídica e tramitación de rexistro de marcas e representación ante as Oficinas de Propiedade Industrial (OEPM, EUIPO, OMPI etc.).
Deseño de proxectos
Con unha metodoloxía integral e completa, deseñamos e convertimos en proxectos os obxectivos das nosas clientas e clientes. Achegamos a todas as entidades unha planificación profesional e comprometida que aporte valor engadido ás súas metas, retos e desafíos.
Acompañamento Integral e Asesoría
Coa experiencia do noso equipo técnico multidisciplinar, ofrecemos solvencia e recursos para a execución de proxectos, actividades ou xestión individualizada de tarefas. Sumamos os nosos medios ás operacións dos nosos clientes, aportando visión e valor engadido ás súas necesidades a curto e longo prazo.
Turismo
Deseñamos e implementamos proxectos para a transformación turística, reconversión e mellora dos destinos, así como para a planificación de clubs de produto e destinos turísticos intelixentes.
Servizos estratéxicos específicos
Analizamos, avaliamos e realizamos accións na estrutura das organizacións con fins estratéxicos, de forma integral e completa para o seu pleno desenvolvemento económico e social.
Xestión de recursos
Tramitamos subvencións e procedementos similares tanto para o sector público como para o privado. Ofrecemos servizos 'chave en man' para proxectos subvencionados ou xestión de recursos a nivel local, rexional, estatal e fondos europeos. Prestamos un acompañamento integral en proxectos en execución, garantindo control, seguimento e xestión ata a súa finalización e xustificación.
Apoio legal
Prestamos apoio nas accións preparatorias de procedementos, licitacións e realización de pregos. Achegamos solucións técnicas e xurídicas, proporcionando cobertura legal constante para todo tipo de entidades.
Desenvolvemento local
Deseñamos e executamos proxectos de emprendemento, crecemento local, estratexia de progreso, financiamento, xestión e gobernanza de entidades públicas e privadas.