O Turismo: As Oportunidades Que Nacen Do Que Somos.

Albur Atlántico Consultores e unha consultora Galega, especializada en turismo e desenvolvemento local. Asumimos os retos dende a crenza do noso, da nosa esencia e dos nosos recursos.

Apostamos por un novo modelo turístico, unha promoción económica sustentable e comprometida coa nosa contorna, coa nosa historia, cos nosos aliados, que somos todos.

Apostamos por un desenvolvemento local comprometido,baseado nas alianzas estratéxicas, na planificación, no compromiso cos valores máis próximos, na sustentabilidade e na sinerxia.

Traballamos na construción de novas solucións, oportunidades turísticas e empresariais.

Desenvolvemento Local, Desenvolvemento Sustentable

Poñemos a súa disposición medios, solucións e ferramentas necesarias.

Os nosos proxectos dan respostas ás necesidades directas dos destinatarios tras un proceso de coñecemento, escoita activa e traballo en común.

Traballamos cun equipo multidisciplinar e comprometido co desenvolvemento local, a sustentabilidade e unha dinámica de traballo que aune esforzos e garanten un progreso de novas oportunidades para os nosos clientes.

O Turismo: As Oportunidades Que Nacen Do Que Somos.

Preparados Para Novos Retos.

Traballamos co sector público e privado. Apoiamos a formación, a innovación en ferramentas e solucións de xestión, a planificación dos destinos, o deseño e desenrolo de produtos e rutas turísticas ou programación e ordenamento de recursos turísticos.

Acompañamos ós nosos clientes na creación de novos produtos turísticos, na ampliación de estratexias e na creación dun turismo máis visible, máis próximo, sustentable e seguro.

Coñecernos, Prepararnos  Para Encarar Novos Retos.

En  Albur Atlántico Consultores facemos proxectos a medida partindo  da escoita activa e de organización planificada que conceda respostas concretas ás  necesidades da contorna e dos destinos.

Apoiamos cos nosos produtos  o desenvolvemento da actividade económica aportando valor ás organizacións, empresas, administracións públicas, entidades sen ánimo de lucro e aos cidadáns.

Os nosos  servizos e prestacións a medida teñen como obxectivo poñer o foco na mellora continua de todos os axentes vinculados ao Turismo e impulsar o desenvolvemento local crendo na integración  intersectorial e na optimización de recursos.

Perfílase un novo horizonte onde todos e cada un, temos moito que achegar e cunha planificación ordenada e participativa, poderemos dar pasos a fronte para paso a paso, facer de desta etapa un proceso profesionalizado e con altura de miras cara a un 2021 no que todos podamos escribir novas metas e logros cumpridos.

A promoción económica e a dinamización turística  pasa por  empoderarnos de medios, de identidade, impulsar unha planificación estratéxica e aportar programas e  ferramentas para potenciar a colaboración público privada e facer medrar a actividade socioeconómica respectando o noso medio, promocionando a nosa identidade e poñendo en valor todos os nosos recursos.

Nós estamos preparados, cremos no noso potencial e temos ferramentas para logralo…

ALBUR ATLÁNTICO CONSULTORES

Falamos?