Dende o inicio  da declaración do estado de alarma, en ALBUR ATLÁNTICO tomamos a firme decisión de seguir traballando, de continuar a actividade e de utilizar tódalas ferramentas posibles para seguiren funcionando na procura de solucións e afrontar a crise xerada pola COVID-19.

Asi o  fixemos no pasado ano en diferentes localidades galegas con distintos formatos de traballo  adaptados a cada Concello e entidade nos que sempre, dende a seguridade e os protocolos establecidos, puxemos en valor os profesionais galegos e a o nosa contorna.

Dende ALBUR ATLÁNTICO CONSULTORES elaboramos novos e adaptados proxectos para cada entorno económico e municipal, a fin de dar apoio, fortalecer, formar e dar resposta as necesidades económicas locais.

Neste eido, creamos proxectos de traballo e xestion empresarial mentorizada para potenciar a competitividade e a continuidade da actividade económica, dando resposta formativa e de escoita activa as necesidades detectadas no empresariado local de forma directa e inmediata.

Deste xeito, o obxectivo e que se  PROMOVA, IMPULSE E SUSTENTE as nosas PEMES con ferramentas que coñezan as verdadeiras necesidades urxentes das mesmas, optimicen a xestión empresarial, otorguen visibilidade e as acompañen nun proceso de apoio constante para superar este momento, dándolle seguridade, detectando e corrixindo as súas debilidades, salientando as súas fortalezas e permitíndolle trazar un novo plan estratéxico para a súa actividade.

O Camiño Sostible

Ademais, neste novo ano XACOBEO, creamos un proxecto de promoción económica , social e cultural ligada a realidade e historia dos municipios do Camiño, donde tódolos axentes vinculados poden presentarse faceren sinerxias, dar visibilidade ós seus productos e actividades, asi como, resaltar o seu arraigo local e vinculación absoluta a historia e importancia do CAMIÑO DO SANTIAGO, facendo deste feito Xacobeo, un evento fortalecedor e incentivador dunha actividade económica activa, segura e de calidade.
(O CAMIÑO SOSTIBLE).


Por isto dende ALBUR ATLANTICO CONSULTORES ofrecemos diferentes solucións e proxectos vinculados o Turismo e DESENVOLVEMENTO LOCAL, na procura dunha mellora económica e social para todos os galegos neste
2021.

Nós estamos preparados, falamos?